LÉVEDO
No ano 2017 as Bouba pandeireteiras e A máquina de mallar mergúllanse nun novo proxecto, nun intento de facer fluir a música tradicional e o rock progresivo nun mesmo camiño. Sen perder a esencia e respectando cada un dos estilos logrouse a conexión aurea entre ambos grupos, conseguindo un son totalmente vivo e orixinal. O público non pode deixar de bailar mentres se mergulla nun mar de ondas sonoras. Do escenario ao torreiro e viceversa, unha experiencia pendente de disfrutar para calquera mortal. Integrado por oito músic@s do país de moi diversas procedencias, aportando os acordes máis sicodélicos e usando de base as melodías da terra contamos cos membros da Máquina de mallar, e enriquecendo coas voces e as percusións máis tradicionais ás Bouba pandeireteiras. Esta mestura de talentos danlle o son a LÉVEDO