QUE FACEMOS?

Tocamos e cantamos e levámola música e a alegría a canda nós. Andamos inxeles no torreiro e lucimos espléndidas no escenario.
Témola gracia de saber adaptarnos a cada ocasión, para cada momento temos a palabra xusta e a cantarea máis acaída.
Funcionamos nas festas de cultivo extensivo e moito máis nos recunchos, no próximo, no minifundio artístico. O éxito está asegurado, festeiras nas festas, elegantes a cada paso, a quinta esencia da música tradicional.